CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova viaxe dentro do programo Imos de Excursión

09/04/2014 Dende o xoves 10 de abril a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe incluída no programa municipal "Imos de excursión" para as datas do 1,2 e 3 de maio co título Terras de Burgos.

A viaxe achegará aos participantes á riqueza patrimonial das localidades de Santo Domingo de Silos, Aranda de Duero e Burgos para coñecer os mosteiros, igrexas, a Adega de Aranda, a Catedral e o Museo de Burgos.

O prezo da viaxe é de 175€ (por persoa en habitación doble) inclúe o aloxamento en hotel de tres estrelas, xantares concertados, guía acompañante dende orixe, guía oficial nas visitas e entradas aos distintos edificios singulares do percorrido (mosteiros, adega, catedral de Burgos), autobús e seguro de viaxe.

O programa de viaxes e excursións da Rede Municipal de centros socioculturais prevé un total de dezasete actividades ao longo deste ano 2014.
Información e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Documentos relacionados



Compartir: