DEPORTES

O MediaSan do Camiño xa ten camiseta e bolsa oficial para os corredores

09/04/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou no Centro Comercial Compostela a bolsa e a camiseta que lucirán os corredores que este domingo 13 abril participen no MediaSan do Camiño.

O medio maratón "MediaSan do Camiño" unirá os concelllos do Pino e Santiago discorrendo pola última etapa do Camiño. Será a primeira vez que na capital de Galicia se celebre unha proba deste tipo, que ademais ten de especial que discorre pola última etapa do Camiño de Santiago. Os Concellos de Santiago e do Pino, xunto coa Federación Galega de Atletismo, organizan esta carreira de 21 quilómetros con saída da localidade de Arca-O Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño, e meta no Estadio Multíusos de San Lázaro.

Cada participante previamente deberá recoller no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés – Hipercor) a bolsa de corredor co seu dorsal/chip correspeondente. Os días para facelo serán o venres 11 e sábado 12 de abril de 10:00 a 22:00 horas. De xeito opcional permitirase a recollida o día da proba entre ás 08:00 e as 09:30 horas no Estadio Municipal Multiúsos de San Lázaro.

Esta carreira conta con diferentes categorías que van dende junior ata veteranos maiores de 65 anos. Podrán participar todos aquelas persoas nadas entre 1995-1996, pertencentes á categoría junior, en adiante.

A proba premiará os seis primeiros clasificados, nas clasificacións Xeral Absoluta e por Categorías Masculinas e Femeninas cun premio que vai dende os 50 euros ata os 300 euros en caso de resultar gañador do maratón. Ademais, os tres primeiros postos de clubes federados recibirán unha cuantía de 300, 200 e 100 euros respectivamente.

A inscrición para participar neste I Media Maratón de Santiago, chamada a converterse nunha proba de referencia na cidade e na que se espera unha gran alfuencia de participantes, estará aberta ata o xoves 10 na páxina web www.carreirasgalegas.com.

Compartir: