ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición nos cursos para persoas emprendedoras do Santiago Investors Support

08/04/2014 As accións formativas desenvolveranse durante o mes de maio.

A concellería de Economía abre o prazo de inscripción, a través da súa web cersiaempresa.org, para as sete accións formativas que se desenvolverán durante o mes de maio dentro do programa Santiago Investors Support. Os cursos, gratuitos e presenciais, destínanse a persoas emprendedoras que precisen adquirir coñecementos en aspectos básicos sobre creación e xestión empresarial.

O programa Santiago Investors Support 2014 integra todas as accións da Oficina de Economía relacionadas co apoio a cultura emprendedora, á creación de novas empresas e á mellora da competitividade do tecido económico local. Cos cursos que se desenvolverán no mes de maio continúa profundizando na labor de fomento da cultura emprendedora que leva desenvolvendo nos últimos anos.

Os cursos que se realizarán son: O plan de empresa; Empresarios individuais-autónomos. Aspectos fiscais; Empresarios Individuais-Autónomos. Facturación; Sociedades limitadas; Empresarios Individuais-Autónomos. Conceptos básicos de cotización; Comercio electrónico e Emprendemento: formas xurídicas.

Os sete cursos ofertan un total de 105 prazas gratuítas e realizaranse entre o 5 e o 27 de maio en horario de 9:30h a 13:30h. As datas de realización, programa e obxectivos de cada curso poden consultarse na web cersiaempresa.org dende onde tamén se pode realizar ata o 25 de abril ás 14:00h a inscrición para os mesmos.

Compartir: