CULTURA

O Pazo de Congresos acollerá a máis de 1000 gaiteiros na I fase do campionato galego de bandas de gaitas

08/04/2014 O alcalde, Ángel Currás, presentou en rolda de prensa a XXIV edición deste certame, o máis importante no que Bandas de Gaitas se refiere en toda a Península Ibérica, e cuxa primeira fase se celebrará no Pazo de Congresos este sábado, 12 de abril. Acudirán un total de 23 bandas de diferentes puntos de Galicia, Cataluña e Portugal.

Nesta Primera Fase as bandas competirán nun escenario podendo incorporar instrumentos alleos á banda de gaitas "típica", como metais ou percusións varias. O que outorga a esta fase un toque bretón, a vez que lle confire un maior atractivo para o público, ademais de celebrarse, tal e como sucedeu na edición anterior, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela o día 12 de abril, sábado.

As portas abriranse as 11:30 para que todos os participantes vaian preparándose e así comezar coa primeira parte da fase ás 12:00 horas. Será a modalidade de 3º Grao, bandas que deberán estar compostas como mínimo por 8 gaitas, 2 tambores e 1 bombo, as que compitan en primer lugar.

Esta xornada matinal rematará coa intervención do presidente da Asociación, a entrega de puntacións de 3º Grao así como a lectura dos resultados das 6 mellores bandas desta modalidade.

Para a tarde quedará a segunda parte desta I Fase da XXIV edición, que comezará ás 17:30 horas na que participarán as bandas pertencentes á modalidade de 2º Grao (como mínimo bandas de 10 gaitas, 2 tambores e 1 bombo) e 1º Grao (deberán ter como mínimo: 8 gaitas, 2 tambores e 1 bombo).

O acto rematará en torno ás 21:15 horas coa lectura dos resultados das mellores bandas de 2º e 1º Grao onde ademais de facer entrega dos diplomas ás seis primeiras bandas clasificadas para a final, na que se puntua a dificultade do conxunto, das melodías a interpretar, da afinación, da percusión e da estética, os xuíces tamén poderán outorgar premios especiais ou trofeos para distintos aspectos da actuación dunha banda, tales como a banda mellor vestida, máis elegante, mellor sector de gaitas, mellor corpo de percusión, etc.

Segundo indicou o rexedor compostelán, esta liga de Bandas supón un paso máis no camiño por manter a tradicción cultural nun dos certames que congrega en torno as 3000 e 9000 persoas na Fase Final.

Compartir: