FESTAS

Santiago celebra a tradicional Festa da Uña en San Lázaro

07/04/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, uniuse á celebración da Festa da Uña na parroquia de San Lázaro, acompañado por membros do goberno.

O barrio de Sán Lázaro acolle un ano máis a celebración desta tradicional festa, á que se suman veciños de toda a cidade. Dentro do programa, hoxe tivo lugar a poxa das uñas, acontecemento que no pasado era unha ofrenda a San Lázaro. Na actualidade, o recadado na poxa serve para sufragar os gastos das misas e para manter a capela.

Ademais, neste ano haberá 17 restaurantes participantes, que ofertarán o menú da Festa da Uña entre o cinco e sete de abril. Os restaurantes participantes son: A Casa da Viña, A Grella, A Taberna da Feira, Berenguela, Casa Carollo, Labrador, La Bodeguilla de San Lázaro, La Finca, Mesón As Fontiñas, Mesón de Lázaro, O Tangueiro, Pedra Santa, San Lázaro, Roi Xordo, Susos, O Muiñeiro e Doña Ana.

Toda a información sobre os establecementos participantes na Festa Gastronómica da Uña pode consultarse na web específica de Turismo de Santiago para a promoción turística da cidade durante a Semana Santa: www.semanasantasantiago.com.

Compartir: