ALCALDÍA

O alcalde defende a demarcación xudicial de Santiago de Compostela

07/04/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, defendeu en rolda de prensa a demarcación xudicial da cidade, anunciando que está disposto a falar con quen sexa para que non se lesionen os intereses de Compostela.

En rolda de prensa, Currás lembrou que o partido xudicial de Santiago abarca 26 municipios e 274.366 habitantes, cunha carga de litixiosidade importante e polo tanto, ben dimensionado.

Asemade lembrou que o partido xudicial de Santiago de Compostela é dinamizador económico da capitalidade do partido e que neste caso está constatado que ten unha dimensión adecuada.

Compartir: