CENTROS SOCIOCULTURAIS

Comezan as actividades do Ciclo de Teatro Comunitario no Centro Sociocultural de Santa Marta

02/04/2014 Asistiu o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, que un ano máis colabora coa Comisión cultural da Facultade de CC da Educación no desenvolvemento deste ciclo.

O Centro Sociocultural de Santa Marta abre as súas portas á VII edición deste evento durante os próximos dias 2,3 e 4 de abril, tempo no que se amosará o traballo de nove compañías de teatro que teñen como temática "A convivencia entre linguas".

Esta mostra do PROXECTO AD HOC prevé que cada día haxa tres montaxes simultáneas en distintas salas e espazos do centro, con ata catro pases de cada peza para que o público (entre 15 e 30 espectadores por pase) poida achegarse ao traballo dos grupos.

Ao remate das presentacións das tres montaxes de cada día, os compoñentes das compañías terán un encontro co público (45 minutos) no que se establecerá un dialogo artístas/espectadores.

Trátase dunha nova oportunidade de poder achegarse a un teatro anovador e de creación no que as agrupacións establecen contacto con novos modos de afrontar o reto creativo e expresivo.

Compartir: