CENTROS SOCIOCULTURAIS

A exposición do Ateneo visita o CSC das Fontiñas

02/04/2014 Trátase dunha selección de fotografías captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografia, a mediados do seculo XIX, e 1965. A mostra forma parte do proxecto Compostela Única no que participaron varias entidades, asociación e persoas moi diversas. O concelleiro Francisco Noya asistiu á presentación da exposición no CSC das Fontiñas.

Con este son tres os centros socioculturais de Santiago nos que estivo a exposición que comezara en xaneiro no local sociocultural da Rocha e continuou no "Agustín Bueno" do Castiñeiriño.

A mostra fotográfica está composta por 28 paneis, agrupados en oito temas diferenciados: Compostela pedra a pedra, Universidade, Igrexa e Camiño de Santiago, Oficios, obradoiros e actividade comercial, Fotografías de autor, a sociedade Compostelá, Deportes e Festas e Romarias. un documento audiovisual e un libro-catálogo, ademáis dun documento audiovisual e un libro-catálogo.

Ademais do concelleiro estiveron os representantes do Ateneo que compartiron explicación desta mostra cos veciños do barrio.

Compartir: