DEPORTES

A segunda proba do Campionato BTT Cidade de Compostela percorrerá as rúas de Santiago o 10 e 11 de maio

28/03/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a I BTT 24 horas, unha proba de resistencia en bicicleta organizada por Imaxson Sports e coa que colabora o Concello de Santiago e o Club Btt Ultreia.

Despois do gran éxito que tivo a BTT nocturna, a primeira das tres probas que constitúen esta I edición de BTT, esta segunda etapa terá lugar os días 10 e 11 de maio e espérase que haxa unha participación duns 500 ciclistas.

É unha das probas estrela do campeonato, que conta cun recorrido moi atractivo de 13km, con zona de transición no Monte do Gozo na que poderán participar corredores maiores de 16 anos e que poderán desputar a modalidade que prefiran: a de 6 horas, 12 horas e 24 horas, sendo esta última a proba reina desta edición. Todas elas son probas de resistencia na que os participantes intentarán aguantar enriba da bicicleta o maior número de horas e quilómetros posibles podendo facer todos os descanso e paróns que desexen.

Gañará o equipo que máis voltas de ao circuito e no caso de empate, gañará o que complete o mellor tempo.

As categorias serán individuais: feminino/masculino (modalidades de 6hs.-12hs.-24hs); por parellas: feminino/mixto/masculino (modalidades de 12hs.-24hs) e por equipos de catro: feminino/mixto/masculino (modalidades de 12hs.-24hs)

A proba de 6 horas disputaráse entre as 12:00 horas e as 18:00 horas do sábado 10 de maio, (Só categoría individual); a proba de 12 horas será entre as 12:00 horas do sábado 10 de maio e as 00:00 horas do domingo 11 de maio e a de 24 horas comezará o sábado 10 de maio ás 12:00 horas ata as 12:00 horas do domingo 11 de maio.

O prezo para inscribirse será de 20 euros por participante tanto en modalidade individual como equipos. Poderán realizarse a través da páxina web: www.imaxsonsports.es. O prazo para inscribirse termina o 6 de maio podendo pecharse antes en caso de completar o cupo de 500 corredores.

Esta primeira edición de Compostela BTT remata coa terceira pobra o día 1 de xuño. Unha maratón con opción de ruta convencional de 40km e coa posibilidade de 80km e un trazado optativo de 100.

Tamén se fará a 1º Compostrail de 22km pola zona do Monte Pedroso que compartirá algún dos trazados coa Compostela BTT e que dará comezo despois da saída desta.

Este Campionato Compostela BTT disponrá dun premio á regularidade que se lle outorgará aos tres ciclistas máis regulares que participaran nas tres probas.

Compartir: