DEPORTES

Santiago acollerá o Campionato galego e o clasificatorio provincial de Duatlón

26/03/2014 Este sábado 29 tendrá lugar nas inmediacións do estadio de San Lázaro a XII edición Duatlón Cidade de Santiago e a XV edición Duatlón Escolar de Santiago. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou os eventos en rolda de prensa acompañado polos organizadores, o Club Triatlón Arcade Inforhouse e a Federación Galega de Triatlón.

A xornada matinal comenza co Duatlón Escolar clasificatorio para o campionato galego. Ás 11:00 horas as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete farán un recorrido polas inmediacións do estadio de San Lázaro.

Os benxamíns completarán un percorrido duns 500m seguidos doutros 2000 e rematando con 250 metros; os alevíns recorrerán unha distancia de 1000m-4000m-500m; os infantís 1500m-6000m-750m e os cadetes farán 2000m- 8000m- 1000m.

Pola tarde desenvolverase XII edición do campionato galego de Duatlón Cidade de Santiago na que haberá, como novidade, unha proba popular na que están inscritos 115 participantes que disfrutarán dende as 16:30 unha experiencia inédita.

A continuación será o turno para a categoría feminina que comezará as 18:00 e rematará esta XII edición coa proba de elite masculina que contarán con atletas de nome como Gustavo Rodriguez e Brais Canosa.

Adrián Varela invitou a disfrutar dnha cita que acollerá a grandes atletas profesionais e que gozará dunha gran calidade deportiva.

Compartir: