ALCALDÍA

A Cidade da Cultura acolle a exposición "Auga Doce"

21/03/2014 Á inauguración, presidida polo Príncipe de Asturias, asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e membros da corporación.

Un total de 700 obras farán que o visitante viva unha intensa experiencia estética a través de grandes nomes da creación contemporánea.

O acto estivo presidido polo Príncipe de Asturias, que volvía ao lugar onde dous anos antes apadriñou a inauguración dos dous primeros edificios do complexo cultural do Gaiás, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás. e membros da corporación.

A mostra, na que poden diferenciase catro espazos, fai un recorrido artístico a través de pezas cedidas por institucións nacionais e internacionais. O Pop Art de David Hockney, debuxos de Louise Bourgeois ou fotogramas de películas clásicas como "Cantando bajo la lluvia" estarán presentes na colección.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de setembro. Está organizada pola Cidade da Cultura de Galicia, o Goberno, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Compartir: