EMPREGO

A concelleira de Emprego participou no encontro da mocidade emprendedora

21/03/2014 A Facultade de Económicas e Empresariais acolleu o I Econtro Internacional da Mocidade Emprendedora, ao que asistiu a concelleira de Emprego, Reyes Leis. As xornadas contaron con conferencias, mesas redondas, charlas con empresarios, seminarios prácticos, e moitas outras actividades que remataron coa selección das 5 mellores ideas de negocio.

Máis de 80 estudantes de Administración e Dirección de Empresas da Escola Superior de Ciencias Empresariais compararon e compartiron proxectos de negocio cos alumnos da USC, co fin de recibir as súas aportacións, suxerencias, e novas ideas.

A decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas, inaugurou este venres 21 ás 10:00 horas as xornadas na facultade santiagesa. Estivo acompañada pola concelleira de Turismo Reyes Leis; o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro Tato; o presidente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Rui Teixeira; o director da Escola Superior de Ciencias Empresariais deste Instituto, Joao Vieito; e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes.

Eloy Gesto, de Escuela e-Inventa, continuou o programa falando sobre a motivación do espírito emprendedor, que posteriormente daría paso a obradoiros de proxectos e a unha mesa redonda que permitirá coñecer experiencias emprendedoras.

Xa en horario de tarde, as xornadas continúan coas sesións programadas dedicadas ao debate sobre redes profesionais e posicionamento en Internet, a preparación da presentación a investidores e a metodoloxía Canvas. A sesión remata cun encontro con empresarios aos que os/as participantes presentaron ideas de negocio.

Para o sábado, a cita terá lugar no edificio Cersia (San Lázaro) e comenzará as 10:00 cunha sesión práctica baixo o título "decisións e camiños", e continuará coa presentación das cinco ideas de negocio seleccionadas en formato "elevador pitch".

Cerrarase o acto coa entrega de premios ás mellores ideas de negocio.

Compartir: