ALCALDÍA

Os terreos de Bando para a construción dunha área deportiva serán propiedade do Concello en outono

27/07/2006 O secretario de Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras, mantivo unha xuntanza co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na que falaron sobre o futuro dos terreos militares de Bando.

Pardo Piqueras anunciou que as negociacións para a adquisición dos terreos experimentarán "un avance importante " no vindeiro outono. O Concello pretende adquirir a titularidade desta superficie para construír unha grande área deportiva dotada de campo de golf.

Tras reunirse con Sánchez Bugallo, o secretario de Estado visitou as instalacións da empresa compostelá Urovesa na compaña do propio alcalde e dos conselleiros Traballo, Ricardo Varela, e de Industria, Fernando Blanco.

Compartir: