ALCALDÍA

O Liceo Europeo das Artes traballa para convertir unha canción do ano 1971 no Himno do Camiño de Santiago

19/03/2014 Os integrates da asociación cultural do Liceo Europeo de Ferrol solicitaron unha entrevista co alcalde compostelán, Ángel Currás, para comunicarlle a súa inteción de recuperar a cantiga do Camiño Estelar, escrita no ano 1971, como Himno oficial do Camiño de Santiago.

A peza, do autor ferrolán Manuel Pérez de Arévalo, foi interpretada polo Coro de Santiago e polo Orfeón Terrano en Salzburgo.

O rexedor da capital animou o Liceo a seguir traballando nesta iniciativa e agradeceu o importante labor cultural que realizan e que non só se circunscribe á cidade de Ferrol, como se comproba neste caso. A asociación quere que esta cantiga se convirta, co pertinente apoio da Igrexa, no Himno ofical do Camiño.

Compartir: