DEPORTES

Máis de 300 corredores participaron na I BTT Nocturna de Compostela

15/03/2014 A proba, inédita en Galicia, contaba co atractivo de ser realizada nunha zona urbana próxima ao centro compostelán e de noite. Máis de 300 persoas tomaron a saída na Alameda arredor das 20 horas.

Antes, ás 17h puidemos ver como os máis pequenos demostraron a súa habilidade sobre a bicicleta de montaña nun tramo habilitado sobre o percorrido establecido para a BTT Nocturna (zona Alameda-Santa Susana). Unha vez rematado, os máis pequenos deron paso os maiores, que comezaban a carreira no paseo central da Alameda, seguido dun pequeno circuíto na zona de Santa Susana, onde tiveron que cruzar o Campus en dirección ao Monte da Condesa. Alí realizaron outro mini circuíto para regresar de novo á Alameda, facendo un total de tres voltas cunha distancia de 25,5 qm. (8,5 qm. por volta aprox.).

Foi unha proba na que se puideron observar as cualidades dos corredres, xa que o circuíto contaba con numerosas pendentes, obstáculos artificiais e zonas de saltos durante o trazado aumentando o atractivo de esta primeira edición da BTT Cidade de Compostela.

Esta primeira proba nocturna de BTT dará paso a dúas probas máis: o I Compostela BTT Maratón (10 e 11 de maio) e a II Compostela BTT Ruta+ I Compostrail (1 de xuño). de montaña).

Compartir: