CULTURA

Olaia Sendón gaña o primeiro premio do certame Auditorio de Galicia para Novos Artistas

14/03/2014 O segundo premio, dotado con 1.000 euros e unha intervención na Zona C, foi para María Castellanos pola instalación interactiva ‘Imaxe virtual’. O accésit, dotado con 1.000 euros, foi para o compostelán Jesús Madriñán pola fotografía ‘Sen título (Melón)’, da serie A vida suspendida.

A tenente de alcalde Amelia González presidiu hoxe o acto de entrega dos premios Auditorio de Galicia para novos artistas que chegan á súa oitava edición. No acto estiveron tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, membros do xurado dos premios así como os artistas seleccionados polo xurado entre os que están os tres premiados. O primeiro dos premios foi para Olaia Sendón; o segundo para María Castellanos e o accésit para Jesús Madriñán.

A esta edición, a número oito, logo de que comezaran a celebrarse estes premios no ano 2002, presentáronse 114 artistas menores de 40 anos e nacidos ou residentes en Galicia, tal e como indican as bases. Destes 114, o xurado seleccionou 46 cuxa proposta será a que poderemos ver na mostra que se inaugurou ao remate da entrega de premios e que estará aberta ata o mes de agosto e entre os que se atopan os tres premiados. A exposición terá un catálogo interactivo que se poderá consultar desde esta mesma noite en e-auditoriodegalicia.net

O xurado estivo formado por:
- Juan Carlos Meana, decano da facultade de Belas Artes de Pontevedra
- Silvia Longueira, comisaria e crítica de arte
- Mercedes Rozas, comisaria e crítica de arte
- Sofía Santos, presidenta padroado do CGAC e coleccionista de arte
- José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, como presidente (por delegación do alcalde da cidade e presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia, Ángel Currás)

Os premios foron os seguintes:

1º premio de 6000 euros para Olaia Sendón (Ourense, 1978)
Kaufland
2013
Vídeo 16:9 (pal widescreen)
Medidas variables

‘Kaufland’ e un traballo de vídeo no que a artista recolle unha serie de textos que aqueles amigos que quixeron podían ler diante dunha cámara. Os textos tratan os problemas das novas xeracións, que creceron nun panorama onde todo parecía ir ben no noso país, un mundo de oportunidades crebado coa crise.

2º premio de 1000 euros e intervención na Zona C para María Castellanos (Xixón, Asturias, 1985) Imaxe Virtual
2013
Instalación interactiva (espello, webcam, ordenador e pantalla integrada)
90 x 60 x 10 cm

‘Imaxe Virtual’ propón un xogo de percepción co espectador. A peza é un espello no que o reflexo de quen o mira é intervido a través duns motivos que se debuxan sobre el. O público que a observa oculta a súa identidade.

Accésit de 1000 euros para Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, A Coruña, 1984)
Sen título (Melón), da serie A vida suspendida
2013
108 x 135 cm
Fotografía. Gran formato analóxico

‘Sen título (Melón), da serie A vida suspendida’ e unha fotografía en gran formato analóxico dun bodegón que desafía o concepto clásico de natureza morta ao rexistrar a contorna persoal do autor dende un punto de vista experimental.

ARTISTAS SELECCIONADOS
FRUELA ALONSO BLANCO. ANA AMADO. CARLA ANDRADE. MISHA BIES GOLAS. MARÍA CASTELLANOS. SAMUEL CASTRO. DAVID CATÁ. ROSENDO CID. MARCOS COVELO / M8K8. MIGUEL CUBA. OLMO CUÑA. LUIS DÍAZ DÍAZ. ITZIAR EZQUIETA. TAMARA FEIJOO. ALBA FERNÁNDEZ TROITEIRO. BASILISA FIESTRAS. MARTA FORTES. HÉCTOR FRANCESCH. IVÁN FRANCO FRAGA. CHRISTIAN GARCÍA BELLO. IGNACIO GARCÍA GÓMEZ DEL VALLE. AMAYA GONZÁLEZ REYES. RITA GUTIÉRREZ. ENRIQUE LISTA. BEATRÍZ LOBO. CARLOS MACIÁ. JESÚS MADRIÑÁN. MANUEL MAS M-C. JOAN MORERA. JOSÉ MANUEL MOURIÑO. JOSEBA MURUZÁBAL. ARANTZA PARDO. SHEILA PAZOS. IGNACIO PÉREZ. ANA PÉREZ VENTURA. LAURA PIÑEIRO. UXÍA PIÑEIRO. GONZALO REY. NURIA RUIBAL. CARLOTA SALGADO. JOSÉ ANDRÉS SANTIAGO. OLAIA SENDÓN. CILLAS SEYDE. ISMAEL TEIRA. MAR VICENTE. VERÓNICA VICENTE

Compartir: