CENTROS SOCIOCULTURAIS

Obradoiros de gastronomía internacional no centro sociocultural das Fontiñas

17/03/2014 O centro sociocultural das Fontiñas, continuando coas actividades no marco do Programa de Voluntariado Europeo, organiza catro obradoiros co nome "Cociña en familia".

Estes obradoiros teñen como obxectivo mostrar e compartir, a través da gastronomía, a cultura e os costumes dos paises de Alemaña, Italia, Francia e Chequia coa colaboración dos mozos voluntarios europeos destes paises que participan no programa ata finais de xuño deste ano e que desenvolven ademais outras suxestivas actividades no centro como son as conversas en alemán, inglés ou italiano, que están a ter moito éxito.

As datas e horarios destes obradoiros de cociña dirixidos ás familias interesadas son:
Sábado 22 marzo/Gastronomía de Alemania
Sábado 26 abril/Gastronomía de Italia
Sábado 24 maio/Gastronomia de Francia
Sábado 28 xuño/Gastronomía Checa
Horario: 18 a 20.30h

Os obradoiros son gratuítos.

Inscrición previa no Csc das Fontiñas
Enderezo:Rúa de Berlín 13.
Tlfno 981.528750

Compartir: