XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aprobou a realización de melloras no parque de Bombeiros por máis de 200.000 euros

13/03/2014 Foi un dos asuntos principais desta última sesión na que tamén se lles deu o visto bo ás obras en Paradelas e A Susana, como sinalou a a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible e voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo.

O parque de Bombeiros será obxecto dunha serie de medidas que buscarán mellorar a súa habitabilidade así como a eficiencia enerxética do edificio. Ampliarase a zona de uso común (habitacións, cociña, etc...) e dotarase á instalación dun renovado sistema enerxético, accións que se suman ás anteriores de reparación do tellado e instalación do portalón. A obra foi adxudicada a CIS Hispania por importe de 210.675,93 euros.

No apartado de obras, aprobouse a memoria valorada de substitución de entubado de rego na pista Chorente - Paradelas (Nemenzo), danado polas últimas chuvias, por un importe de 24.288 euros, así como o proxecto constructivo de repavimentación da pista de acceso á instalación loxística de A Susana. Este proxecto levarao a cabo Adif cunha inversión de 52.530 euros.

A proposta da concelleira delegada de Normalización Lingüistica aprobouse a convocatoria e bases dun concurso de video-creación para centros de ensino e, relativa á concellería de Medio Ambiente, deuse luz verde á adxudicación do servizo de secretaría técnica para a extensión do proxecto PARK ATLANTIC-PARQUES URBANOS ATLÁNTICOS para as anualidades 2013 e 2014.

Do ámbito da Concellería de Mobilidade tratáronse dous asuntos: a adxudicación da xestión dos expedientes sancionadores por infracción contra a normativa de tráfico vial urbano e a adxudicación do subministro dun vehículo furgón para atestados e un vehículo todoterreno para a protección civil, así como o su mantemento, mediante arrendamento.

Relativo a Centros Socioculturais, aprobouse a proposta do concelleiro a renovación do aluguer do Local Sociocultural de Barciela por un importe de 4.961,70 € para 2014 e de 1.653,90 € para 2015. O contrato estará vixente ata o 31 de marzo de 2015. Estes prezos non foron sometidos a incremento polo IPC xa que o Concello pactou co arrendador non face dito incremento. En Deportes, deuse conta da sinatura do convenio co que se desenvolveu o XIII Campionato de España de Grupos Show de Patinaxe, que foi aprobado pola XGL o pasado 27 de febreiro de 2014
.
Por último, a petición da mercantil concesionaria do Recinto Ferial de Amio, Monfobus SL, que presentou escrito de revisión do IPC con data 18-12-13 para a actualización de tarifas, a XGL á vista do informe da Técnico Municipal de Servizos aprobou autorizar a actualización de tarifas (Documento adxunto).

Compartir: