CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello colabora por terceiro ano consecutivo coas festas de barrios e parroquias

13/03/2014 O concelleiro delegado de Relacións Veciñais e Festas, Francisco Javier Noya Iglesias, retoma por terceiro ano a colaboración do seu departamento coas festas populares e patronais de barrios e parroquias, renovando así o compromiso subscrito coas asociacións de veciños no ano 2012.

No 2013 puideron disfrutar destas axudas un total de 46 asociacións de veciños ou no seu defecto comisións de festas dos que a meirande parte, 32, elexiron parque de inchables, 7 a grupos de música tradicional, 5 a charangas e 2 a corais. Todas as solicitudes foron atendidas.

Para este ano as asociacións poderán elixir entre varias opcións: xogos populares (un conxunto de xogos formado polos bolos, chave, tiro da corda, chapas, trompos, canicas, rá, petanca, carreiras de rodas e carreiras de sacos), grupo de música tradicional, actuación dunha coral, parque de xogos (para elixir dous entre: inchable, touro mecánico, futbolín humano ou cars a pedais), parque de inchables por idades (casiña de bolas, inchable de saltar, futbolín humano), pasarrúas realizado por unha charanga ou festa da espuma durante unha hora.

O prazo para presentar cuberta a solicitude que se xunta remata nun mes, o luns 14 de abril. Deberá facerse por rexistro de entrada e para axilizar (sobre todo nos casos en que a festa sexa inmediata), opcionalmente presentar copia da mesma tamén no Teatro Principal.

Esta convocatoria está destinada ás asociacións de veciños e, excepcionalmente, para as comisións de festas no caso de que non houbera asociación. Reiterar que esta colaboración farase unha vez o ano.

O modelo de solicitude será ademais notificado persoalmente as entidades veciñais polos animadores socioculturais, o igual que nos dous anos anteriores.

Documentos relacionados



Compartir: