CENTROS SOCIOCULTURAIS

Debido ao mal tempo destes últimos meses repararanse diferentes centros socioculturais cun investimento de máis de 32.000 euros

12/03/2014 Despois de varios meses de mal tempo e ante o inicio dunha melloría climatolóxica, a Concellería de Centros Socioculturais decide iniciar as obras de reparación e mantemento naqueles centros e locais socioculturais que sufriron problemas de filtracións de auga e humidades pola intensa e continua chuvia.

Dentro das diferentes accións que se levarán acabo, o concelleiro delegado da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya, tras visitar os diferentes centros e locais socioculturais quixo destacar os problemas nas cubertas e fachadas que provocaron filtracións e humidades.

O CSC Aurelio Aguirre de Conxo é no que se acometerá un maior investimento, unha reparación integral do centro. arranxos nas terrazas, limpeza de caleiros, limpeza da pedra exterior das paredes, traballos varios (enchufes, estanterías, portas, biombos, venecianas…), problema de auga no sótano e pinturas…. (12.669,69 €). Este centro, xunto co de Vite, son os máis antigos da rede (arredor de 25 anos) e neles son se realizou ningún tipo de obra importante ata o de agora.

Concretamente, no CSC José Saramago de Vite acometeranse obras de limpeza do lucernario da cuberta, selado de xuntas con morteiro de cemento, colocación de láminas impermeabilizadas entre a fachada principal e o porche e de tella (4.061,97 €).

No CSC das Fontiñas tamén se impermeabilizará a terraza, levarase a cabo a desmontaxe do sumidoiro e o arranxo do mesmo, o que implica o aluguer dunha máquina elevadora con brazo, xa que incriblemente o centro non conta con acceso dende o interior. Tamén se fará o selado de fiestras, da xunta de dilatación da entrada entre o centro e a beirarrúa, e reparacións das salas do sótano nas que hai moitas filtracións de agua. Ademais de arreglar unha das dúas bombas do foso, púxose unha terceira no oco do ascensor porque sufría inundacións e parábase, co risco que isto conleva. Incluso se instalou un sistema para que no caso de que falle algunha das bombas se mande un aviso á central de alarmas. Todo para evitar inundacións no sótano nunha zona onde nace auga (de ahí o nome de Fontiñas)(6.397,39 €).

No LSC de Villestro limparase a cuberta, realizarase o selado da mesma, da beirarrúa que o rodea, de xuntas do caleiro e tamén traballos de reparacións nas paredes cheas de humidade dos aseos, pintura en diversas zonas, etc...(5.311,90 €).

No CSCX O Ensanche o problema está situado na terraza e é necesario facer unha limpeza do musgo e demais vexetación que se atopa na superficie e selado das xuntas. (2.420 €).

No LSC da Rocha o problema está na sala de caldeiras do edificio auxiliar onde é necesario colocar unha baixante para anexionar coa arqueta existente. Ademais taparase unha medianeira entre o local e a edificación auxiliar para evitar a entrada da auga (1.621,40 €).

O total do investimento de todas estas obras ascende a 32.482,35 euros. Por outro lado, no que vai de ano xa se veñen de realizar outras 24 pequenas reparacións (manillas, cisternas, grifos, enchufes…) en 19 instalacións da rede municipal por importe de 4.389,88 euros.

Documentos relacionados



Compartir: