MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello súmase á campaña da DXT de control do uso do cinturón de seguridade e sistemas de retención infantil

10/03/2014 Entre o 10 e o 16 de marzo a Policía Local súmase á Garda Civil para controlar que os condutores fagan un uso axeitado de ambos dispositivos. Así o anunciou o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.

A Policía Local centrarase en controlar as vías urbanas cun obxectivo claro, segundo indicou o concelleiro: que non se produza ningunha sanción. Na última campaña realizada, segundo indicou Luis Bello, controláronse 1.649 vehículos, resultando que unicamente 16 condutores non levaban cinto, isto é, un 0,97% do total. Obsérvase unha redución respecto da campaña realizada en 2012, na que a porcentaxe de condutores sancionados alcanzara o 1,77%. Esta campaña realizouse entre o 9 e o 15 de setembro de 2013. O edil de Seguridade pediu responsabilidade aos condutores, xa que se trata de dous sistemas de seguridade.

O uso dos sistemas de retención homologados, cinturón de segurida e SRI, veuse demostrando como o sistema de seguridade vial máis sinxelo, rendible e eficaz en todo tipo de vías e traxectos. Aínda que se incrementou o uso do cinturón de seguridade, existen aínda graves lagoas. Isto é dificilmente comprensible, segundo a DXT, se temos en conta a relación entre a sinxeleza de uso e a súa eficacia, xa que reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. No 2012, un 24% dos faleciones usuarios de turismos e furgonetas en vías interurbanas non empregaban o cinturón de seguridade e en zona urbana esta porcentaxe elévase ao 33%. No referente aos feridos graves en vías interurbanas non empregaban o cinturón o 11% e en vías urbanas o 27%.

Segundo indica a DXT, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Vial é lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha silla axeitada para o seu peso e talla. Se se utilizaran adecuadamente os sistemas de retención obrigatorios, 9 de cada 10 lsesión infantís graves ou mortais teríanse evitado.

A aplicación da lexislación sobre cinturóns de seguridade por parte da policía de tráfico é un dos métodos máis efectivos para incrementar e manter un alto índice do uso do cinturón entre ocupantes de vehículos. Conscientes de que a circulación en cidade constitúe o primeiro dos escenarios onde o condutor inicia a adquisición de hábitos e costumes e que, neste caso, o incumprimento é significativamente maior que nas vías interurbanas, a DXT solicita a colaboración do Concello.

Cortes de tráfico no Ensanche e rúa Raxoi
Luis Bello aproveitoi para lembrar os cortes que se producirán durante a semana no ensanche para parmitir o rebacheo dalgunhas rúas. Son os seguintes:

• Fernando III O Santo (último tramo) e San Pedro de Mezonzo (1º tramo), o luns 10 todo o día e o martes 11 pola mañá.

• A Rosa.(último tramo) e Santiago León de Caracas, o martes 11 todo o día e o mércores 12 pola mañá.

• Frei Rosendo Salvado – Ramón Cabanillas – República do Salvador - (último tramo) e Alfredo Brañas (1º tramo), o mércores 12 todo o día e o xoves 13 pola mañá.

• San Pedro de Mezonzo (2º tramo), xoves 13 e venres 14 todo o día.

Así mesmo, anunciu que se pechará ao tráfico a rúa Raxoi a partir do mércores 12 e durante dous meses para levar a cabo as obras de reurbanización. Permitirase a carga e descarga pola praza do Obradoiro.

Compartir: