MULLER

Charo Barca, María Castro e Chus Iglesias reciben a homenaxe do Concello con motivo do Día da Muller Traballadora

07/03/2014 O acto celebrouse no Salón Vermello do Pazo de Raxoi presidido polo alcalde, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao.

As tres homenaxeadas, que salientan polo seu compromiso solidario, recibiron unha medalla elaborada especialmente para esta conmemoración polo ourive Fernando Mayer e que leva impresa unha frase de Concepción Arenal: "Todas as cousas son imposibles mentres o parecen".

Charo Barca, a través da Fundación Andrea; María Castro, coa ferramenta da ONG Xuntos Podemos; e María Jesús Iglesias, dende o bar Paluso, traballaron e traballan na axuda aos menos favorecidos, e é este labor xeneroso e desinteresado o que salientaron tanto o alcalde como a concelleira delegada nun acto emotivo no que as homenaxeadas agradeceron ao Concello o seu apoio ao traballo solidario que elas realizan.

Compartir: