ALCALDÍA

O segundo clasificado do Tour de Francia, en Raxoi

26/07/2006 O ciclista galego Óscar Pereiro segue a recibir o recoñecemento polo seu recente segundo posto no Tour de Francia. Despois das homenaxes que viviu na súa localidade natal de Mos (Pontevedra), o deportista achegouse a Compostela, onde tivo ocasión de intercambiar unhas verbas co alcalde santiagués, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Pereiro foi recibido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no Pazo de Raxoi. Posteriormente e acompañado dos seus pais, atopouse con Sánchez Bugallo, con quen mantivo un encontro informal no exterior das dependencias municipais. O alcalde felicitouno pola súa actuación na carreira francesa e regaloulle un libro histórico sobre a cidade.

Compartir: