ALCALDÍA

O alcalde de Santiago asiste á reunión constitutiva do comité de coordinación aeroportuaria

06/03/2014 Ángel Currás demanda os voos nacionais e valora positivamente que a porta de entrada do tráfico internacional sexa Lavacolla.

O alcalde de Santiago manifestou hoxe, na reunión constitutiva do Comité de Coordinación Internacional, que valora positivamente que a porta de entrada do tráfico internacional sexa Lavacolla.

Santiago conta neste momento con 14 rutas internacionais, sendo Ámsterdam a última incorporación.

Así mesmo engadiu que como cidade universitaria e Capital de Galicia non imos renunciar aos voos nacionais entre os que citou os dous destinos fundamentais de Madrid e Barcelona "cos enlaces e frecuencias que necesita Santiago".

Compartir: