XUVENTUDE

Arrancan novas actividades para a xuventude relacionadas coa integración lingüística e a comunicación

05/03/2014 Unha delas céntrase na linguaxe de signos e a segunda, no coñecemento do alemán.

O 5 de marzo, ás 17.00 dan comenzo as dúas primeiras actividades formativas que forman parte do programa de actividades organizadas pola Concellería de Xuventude, a primeira consistente nun curso de introdución á lingua de signos, donde ao longo de 30 horas un grupo de 15 persoas entre 14 e 30 anos tomarán contacto con esta lingua oficial recoñecida dende ano 2007.

A segunda das actividades é o curso de conversas en alemán de nivel básico, no que se adquirirá vocabulario, e recursos orais e soltura con esta lingua, nesta actividade participan 18 mozos e mozas.

Non é a única das actividades relacionadas coa lingua, de feito, un grupo de rapaces e rapazas de entre 14 e 20 anos participaron esta fin de semana nunha actividade de neve organizada pola Concellerería de Xuventude, na Estación leonesa de Leitariegos, donde se compaxinaron actividades de neve xunto con outras en Inglés.

Compartir: