FESTAS

A carroza Danzateka e a comparsa Estrela da noite gañan o concurso do martes de Antroido

04/03/2014 Ano tras ano os composteláns seguen saíndo a rúa para celebrar o Antroido e ver o desfile a pesar do mal tempo. O conxunto de carrozas, comparsas, charangas, acompañados de centos de nenos e maiores disfrazados, animaron unha vez máis a tarde de carnaval.Tras o percorrido polas rúas da cidade, o xurado elixiu os mellores en cada categoría, que se repartiron máis de 12.220 euros en premios.

A comitiva festiva, na que faltaron escasísimos inscritos a pesar da chuvia, partiu da estación do ferrocarril ás 17:30 para percorrer as rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Juán Carlos I.

Rematado o desfile, a Orquestra Ismael amenizou a tarde, á espera da decisión do xurado respecto ás diferentes categorías de participación: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. Os elixidos como gañadores polo xurado repartíronse case 12.000 euros en premios. Nas categorías de carrozas e comparsas, os primeiros clasificados levaron 2.000 euros, polos 400 que levou o mellor grupo, os 300 da mellor parella o os 200 do mellor disfrace individual. Ademais, houbo premios especiais para as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios do municipio. Entregados os galardóns, continuou a sesión musical.

Os premiados
Entre as carrozas participantes resultou gañadora a denominada Danzatekas en mareas míster. En segundo lugar quedou Rúa de tronos; terceira, Astérix e Obélix; cuarta, A vixe da Barca; e quinta Asharik.

Na categoría de comparsas, o primeiro premio foi para Estrela da noita. Na segunda, terceira e cuarta posición quedaron, respectivamente, Os espantallos de Laraño; A maxia dos CSC; e As meninas de Velázquez.

No referente ás comparsas dos barrios, con premios especiais, os tres primeiros clasificados foron: Xa chegou de Laraño (1º); Galegos á lúa (2º); e Superheroes de Marvel (3º).

Na modalidade de grupos 101 Dálmatas levou o máximo galardón. A continuación quedou Chao Venecia e O San Benito e a Inquisición.

En parellas, gañaron Amor Imposible. O segundo e terceiro posto foron, respectivamente, para Os Monster e Vida Animal.

Finalmente, o mellor disfraz individual foi Corvo Reciclado. O segundo premio recaeu en La Heladera Pavera; e o terceiro en Percebeiro de Conxo.

Queima do Meco
A tradicional queima do Meco, ás 21.00 horas, na praza Roxa porá fin ao Antroido 2014. O boneco será acompañado cara o seu triste destino durante un percorrido que, partindo do Toural ás 20.00 h, pasará por: rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador e praza Roxa. O acompañamento musical correrá a cargo da Banda Municipal.

Compartir: