URBANISMO

A concelleira de Desenvolvemento Sostible interésase polo traballo de Trameve

04/03/2014 María Pardo visitou esta semana as instalacións que a empresa ten no Polígono do Tambre. Trameve colabora con Cogami dando emprego no sector do desguace de automóbiles a persoas con algunha discapacidade.

A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible mostrou o seu firme apoio ao traballo desta empresa, que procura a integración laboral das persoas discapacitadas a través do coidado ao medio ambiente.

No ano 2006 a Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia cualifica a Trameve como mellor CAT(Centro Autorizado de Tratamento de Vehiculos Fora de Uso) de Galicia tras un amplo estudo do sector do despezamento na comunidade (10 puntos sobre 10 posibles). Trameve é unha auténtica referencia dentro do sector do despiece de automóbiles ao final da súa vida útil en Galicia.

Nunhas instalacións de máis de 13.000 metros cadrados, situados no Polígono do Tambre desmontáronse preto de 10.000 vehiculos. Estes vehículos son concienciudamente descontaminar, verificados e despezados, destinando os seus compoñentes á venda como recambio de ocasión, e se isto non é posible recíclanse os seus compoñentes. Estase a recuperar actualmente máis do 90% do peso total do vehículo.

Preto de 100.000 pezas atópanse almacenadas, perfectamente identificadas e dispoñibles para a súa venda, tanto a profesionais do sector da automoción coma a particulares. Todo este stock de pezas pódese visualizar en www.trameve.es
podendo realizarse unha busca especifica do recambio de ocasión. Ás veces, o aforro no prezo supera o 90%.

Todo isto é factible grazas ao seu equipo humano: operarios, administrativos, axentes comerciais, almacenistas...os 12 empregado contribúen a que os produtos e servizos sexan apreciados no mercado. Cogami e Trameve colaboran neste proxecto dando unha posibilidade de traballo a persoas con discapacidade. Así mesmo, sete persoas que pasaron por este Centro especial de Emprego xa se incorporaron ao emprego "ordinario" noutras empresas, deixando a súa praza libre para outro candidato.

Esta iniciativa de Cogami naceu grazas a un Proxecto Europeo de Formación (Horizon II) do que xurdiu esta empresa pioneira en Europa por combinar a integración laboral de persoas minusválidas co coidado do medioambiente. Dende o ano 2005 Trameve está certificada segundo a ISO:9001 de Calidade e certificouse recentemente segundo a norma ambiental ISO:14001.

Compartir: