BENESTAR SOCIAL

O CEIP de Vite celebra un antroido interxeracional da man do equipo Urbana Santiago Norte

03/03/2014 O CEIP de Vite acolleu o desfile de disfraces e a entrega de agasallos ás mellores máscaras realizadas no obradoiro organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte xunto coa dirección e profesores do centro, no que tamén participaron persoas maiores do Centro de Día de Agadea.

Dende o 20 ata o 28 de febreiro desenvolvéronse a diario diferentes obradoiros, consistentes fundamentalmente nunhas sesións lúdicas de convivencia coa temática do Antroido entre o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP de Vite e estas persoas maiores, afectadas polo Alzheimer ou por outras demencias en fase leve ou moderada.

Como peche dos obradoiros contouse coa presenza da Concelleira da Área de Servizos Sociais, Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores, María Castelao, que fixo entrega dos agasaios aos rapaces e rapazas.

Logo do desfile e da entrega dos agasallos, queimouse o Meco creado para a ocasión e degustáronse postres típicos destas datas.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: