XUVENTUDE

O grupo L'Adelines Garden faise co I Certame de Música SantiAutor

03/03/2014 O venres 28 de febreiro tivo lugar o fallo do xurado do I Certame de Música SantiAutor para Artistas Noveis organizado pola Concellería de Xuventude xunto coa sala Sonar.

Ao longo dos días 13, 21 e 27 de febreiro actuaron os 12 finalistas, sendo o resultado do xurado o seguinte: primeiro premio para L´Adelines Garden, que consistirá en telonear a Xavier Díaz o día 15 de marzo e ademais dúas actuacións na Sala Sonar ao longo do 2014.

O segundo premio foi para David Prado que teloneará a Luis Ramiro o día 22 de Marzo e ademais terá unha actuación na Sala Sonar ao longo de 2014. E o terceiro premio foi para Yeyo, que actuará con Rafa Pons o día 5 de abril.

Compartir: