BARRIOS

A Concellería de Barrios inviste máis de 50.000 euros no lugar da Fervenza

03/03/2014 O concelleiro Juan de la Fuente reuniuse cos veciños da zona, no barrio de Conxo, para comprobar as obras realizadas nas últimas semanas.

O concelleiro delegado de Barrios e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visitou o barrio de Conxo, concretamente o lugar da Fervenza, onde mantivo un encontro coa asociación de veciños Conxo Aberto.

O motivo da reunión foi a obra levada a cabo na Fervenza, por petición dos veciños, para colocar cinco puntos de luz e pavimentar o terreo. A totalidade da obra tivo un custo de 53.000 euros. Os veciños xa se reuniran co concelleiro hai tres meses para tratar de recuperar estes puntos de luz, xa que os últimos foran colocados no ano 1986 e co tempo foron desaparecendo. Así mesmo, renovouse o pavimento de acceso á rúa a base de grava e o do propio núcleo.

Este investimento no barrio de Conxo continúa cos que se están facendo en distintas zonas da cidade, como en Vite, onde se asfaltaron varias rúas nas últimas semanas.

Compartir: