XUVENTUDE

Terceira final do Certame SantiAutor

28/02/2014 Celebrouse na Sala Sonar a terceira e última final do I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude e a devandita sala. Nesta xornada actuaron Sheila Patricia, Daniel Royo, Miguel Alonso, e Carlos Valiño. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, achegouse ata o concerto.

O resultado das tres finais, celebradas os días, 13, 21 e 27, coñecerase este venres durante o primeiro dos concertos do V Festival SantiAutor, que se celebrará na Sala Sonar a partir das 22:30 horas. Faranse públicos os nomes dos tres clasificados, así como dos artistas aos quen teleonearán.

Este terceiro concerto, ao igual que os dous anteriores, era de entrada libre ata completar o aforo. Cada un dos finalistas dispuxo de 20 minutos de actuación. Os outros oito finalistas, que participaron nas dúas primeiras xornadas, son: Fátima Baña, Yeyo, Adrán Jorge, Rubén Artabe, The L Adelines Garden, David Prado, Su Garrido e Plan Siberia.

Inscribíronse neste certame cantautores cunha idade non superior aos 35 anos e que non teñan ningún disco editado. Os interesados debían presentar unha maqueta con dous temas orixinais e as letras das dúas cancións a concurso.

O premio para os gañadores será ser teloneiros dos participantes no V Festival SantiAutor. Ademais, o primeiro clasificado actuará en dous concertos e, o segundo, nun concerto, como artistas principais, na Sala Sónar.

Festival SantiAutor
O Festival SantiAutor chega xa á súa quinta edición. Para celebrar estes cinco anos dun certame xa consolidado, programáronse oito concertos na Sala Sónar. O primeiro celebrarase este venres 28 de febreiro e terá como protagonista un artista novo compostelán, Fredi Leis.

O 8 de marzo será a vez do violinista madrileño Marino Sáiz, mentres que o 15 dese mesmo mes actuará Xabier Díaz, unha das voces máis autorizadas do panorama musical galego. O seguinte concerto será o de Luis Ramiro, un dos referentes da nova música de autor española, o 22 de marzo. Pechará o programa do mes, o día 22, a cantante cántabra Gastelo.

O certame completarase en abril con outros tres concertos, o primeiro dos cales será o do cantautor catalán Rafa Pons (5 de abril). Para o 12 de abril preparouse un concerto dobre a cargo de Rozalén e Paco Cifuentes. Esta edición 2014 do SantiAutor concluirá co agardado concerto de Marwan.

Compartir: