ALCALDÍA

O Concello cede un piso de acollida familiar á Fundación Andrea

26/02/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras María Castelao e María Pardo asistiron á inauguración do novo piso da Fundación Andrea cedido polo Concello. Neste inmoble, situado en Conxo de Arriba, poderán ser acollidas as familias de nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais hospitalizados no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Na apertura da nova residencia, o alcalde destacou o "gran papel" que está desenvolvendo a Fundación Andrea, cunha "axuda non só económica, senón tamén moral", tarefa na que teñen que colaborar as institucións públicas. De aí a cesión municipal deste piso, indicou.

Compartir: