ALCALDÍA

O alcalde reitera que o acceso ao aparcadoiro de Galeras se realizará en zona libre e que a glorieta resolverá problemas de mobilidade

26/02/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuniuse con representantes das asociacións de veciños Río Sarela, San Lorenzo, Carme de Abaixo e Aqualume Galeras, cos que falou sobre a construción da glorieta que conectará Galeras coa rúa de Domingo García-Sabell, permitindo o dobre sentido nesta última e eliminando o tráfico nas rúas Carretas e Hortas.

Ángel Currás dixo "comprender a postura dos veciños", pero reiterou que o proxecto conta cos informes técnicos urbanísticos e de tráfico, que indican que "vai mellorar substancialmente a mobilidade na zona". Ademais, trátase dunha obra sen custo para o Concello.

O rexedor explicoulles aos representantes veciñais o seu erro ao considerar que o novo acceso ao aparcadoiro de Galeras se construirá sobre unha zona verde. "É unha zona cualificada como libre de uso público, igual que as zonas nas que están as actuais entradas ao aparcadoiro".

Compartir: