TURISMO

Reyes Leis considera que a nova ruta aérea con Amsterdam é "unha boa noticia para o turismo e para a conectividade de Galicia"

26/02/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, amosouse "moi satisfeita" pola nova conexión internacional con Amsterdam (Holanda) que suma Lavacolla para a temporada de verán. Considerou que esta nova ruta de Vueling, xunto coas anunciadas recentemente de Roma e Bruxelas, son "unha boa noticia para a cidade dende o punto de vista turístico e tamén para a conectividade de Galicia".

Reyes Leis explicou que "Vueling nos transmitira que tiña a intención de traer ese voo porque crían que ía funcionar mellora en Lavacolla, de igual modo que as demais conexións internacionais están funcionando mellor nesta cidade; reforzando tamén a idea que ten AENA de que o aeroporto internacional de Galicia sexa Lavacolla". A concelleira confía en que a ruta funcione, ao igual que as de Bruxelas e Roma, permitindo así estender estas tres rutas no tempo.

Confirmada esta nova conexión para o verán, temporada na que Lavacolla contará con ata 15 conexions internacionais, indicou que o Concello segue traballando para mellorar a conectividade internacional de Lavacolla, xa coa vista posta na seguinte temporada de inverno.

Compartir: