DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Conferencia Final do Proxecto Parkatlantic

18/02/2014 A concelleira de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, asiste xunto co xefe de Biodiversidade e membros do Comité de Pilotaxe do Proxecto Europeo Parkatlantic á Conferencia Final que se celebra en Angers (Francia) os días 17 e 18 de febreiro.

Na sesión de hoxe, os relatores e participantes puideron coñecer de primeira man as reflexións sobre os ecosistemas en zonas urbanas e a súa avaliación, así como as conclusións do estudo do valor ecosistémico dos parques das cidades que participan no Proxecto, entre elas Santiago de Compostela.

Ademais, debateuse sobre os deseños propostos para a creación de novas zonas verdes e de parques e xardíns. Tamén se analizaron os beneficios da vexetación nas zonas urbanas e os aportes ao benestar que esta vexetación provoca na cidadanía. Na última xornada realizaranse dúas visitas de estudio.

Compartir: