FESTAS
O Coro de Bonito ou de mozos está integrado por 40 rapaces e rapazas vestidos con traxe galego ou de montañés, xunto cun señorito e unha señorita. Ao fronte deles vai un director e unha directora moi ben engalanados.
A vestimenta dos xenerais tamén evoca os uniformes militares decimonónicos. Na cabeza levan un rechamante "tricornio" (bicornio) rematado en plumas, frecuentemente de pavo real. Montan cabalos ricamente aparellados, destacando o espello que levan adornando a cabeza, o peito petral...
En Santiago, son catro as parroquias que manteñen esta tradición do Antroido dos Xenerais da Ulla, declarado recentemente Festa de Interese Turístico Galego: Marrozos, O Eixo, Aríns e Angrois, e veciños destas zonas serán os que formen esa comitiva. Xa no ano 2013 estaba previsto que encabezasen o desfile, pero non foi posible debido ao mal tempo, que estragaría a rechamante e custosa vestimenta coa que desfilan.
Representación
Os personaxes máis importantes deste Antroido tradicional son os xenerais e correos a cabalo que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes acompañados dun exército de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra, o Antroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos. Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Antroido tradicional galego.
En Santiago, o espectáculo poderá verse nas seguintes datas:
- Sábado 22 de febreiro: Marrozos, campo da festa, ás 19:00 horas.
- Domingo 23 de febreiro: Angrois, campo da festa (Soutiño), ás 19:00 horas.
- Sábado 1 de marzo: Aríns, campo da festa (r/San Martiño), ás 18:30 horas.
- Domingo 2 de marzo: O Eixo, carballeira do Souto (Santa Lucía), ás 19:00 horas.
Os Xenerais da Ulla encabezarán en Santiago o desfile do martes de Antroido
Os concelleiros Francisco Noya e Luis Meijide nos preparativos do Antroido dos Xenerais en Marrozos.
18/02/2014 O 4 de marzo celebrarase unha nova edición do tradicional desfile do martes de Antroido en Santiago de Compostela, que estará encabezado, se o tempo o permite, polos Xenerais da Ulla. A comitiva que estará formada por catro correos, o Coro do Bonito e 14 xenerais.
Os catro correos vestirán, como é tradicional, camisa con garabata, guerreira e pantalón, lembrando os uniformes militares antigos. Cobren a cabeza coa gorreta, un gorro circular rematado nun entretecido de arame enfeitado con contas do cores. Van en cabalos engalanados con campaíñas.O Coro de Bonito ou de mozos está integrado por 40 rapaces e rapazas vestidos con traxe galego ou de montañés, xunto cun señorito e unha señorita. Ao fronte deles vai un director e unha directora moi ben engalanados.