CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á estación de esquí de San Isidro (León)

17/02/2014 A Concellería de Centros Socioculturais abre este xoves 20 de febreiro, a partir das 17:00 horas, o prazo de inscrición na primeira das viaxes de varios días do programa Imos de excursión 2014. Trátase da viaxe denominada "Neve en familia", que se realizará os días 15 e 16 de marzo á estación de neve de San Isidro, en León.

Esta nova proposta do programa, creada para achegar ao público familiar unha oportunidade de lecer nun entorno natural co atractivo dunha estación de esquí, ten un prezo por persoa de 210 euros. Neste prezo inclúese o traslado en autocar gran turismo durante todo o percorrido, pensión completa e aluguer de equipo (esquís, botas, bastóns e casco para nenos, así como os abonos) os dous días, guía acompañante dende Santiago e seguro de asistencia de viaxe á neve. O prezo non inclúe clases de esquí nin extras no hotel.

O programa permite que os participantes poidan gozar das pistas de esquí da estación durante as dúas xornadas.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: