CULTURA

Joaquín Reyes presenta o seu espectáculo "¡Que me aspen!" dentro do ciclo Falabaratos

14/02/2014 Joaquín Reyes estará este sábado en Compostela dentro do ciclo Falabaratos. O cómico albaceteño presentará o seu último espectáculo, ¡Que me aspen!, cheo de novidades e sorpresas, ás 20:00 horas no Teatro Principal. As entradas, a 20 euros (15 € no anfiteatro), poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443.

¡Qué me aspen! é o titulo do novo show do personaxe máis bonico, pero á vez máis tontico que existe desorbitando polo noso sistema galáctico. Esta vez ofrécenos a súa polaridade máis ingrata e oculta, amosaranos os perigos de non ter filtro ao falar...

Joaquín Reyes necesita pouca presentación tendo en conta a súa traxectoria, chegando a converterse no novo rei do humor absurdo e de culto no noso país. É o cómico dunha nova xeración logrando crear un club de fans que non parou de aumentar a día de hoxe en España e outros países de fala hispana, incluso obtendo recoñecemento e éxito en cidades como Londres e Tokio. Proba diso é a demanda da súa presenza na maioría de canles de TV e nos mellores teatros de España. Joaquín Reyes converteuse nun fenómeno mediático e social en Internet. Toma a substitución a humoristas tan xeniais como Gila, Faemino e Cansado, facendo dos seus Celebrities o seu selo persoal.

Reyes preséntanos un espectáculo máis "divertido e cabareteiro", cine dos anos 80, mundo viejuno, o colmo das palabras que van xuntas, a verdade sobre as letras das cancións de Michael Jackson, bailes inventados e coa presenza do Sr. Caballo. Un pouco de maxia, lume e mentalismo sobre o escenario... En definitiva un espectáculo novo, no que haberán aínda moitas máis "mamarrachadas" do manchego, e tal vez volva cantar pero máis tolo que nunca. Se o público o merece, brindarase a facer un Celebrities improvisado.

Compartir: