TURISMO

O Concello continúa promocionando a chegada de turismo xaponés

13/02/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse con Kotaro Kogi, presidente da compañía Global Youth Bureau, unha das firmas máis innovadoras de cara á touroperación xaponesa. Acudiu á cita acompañado por Yasuo Taniguchi, de Mikami Travel, un dos principais touroperadores do mercado xaponés especializado en España.

O obxectivo desta visita é promover a chegada de turistas xaponeses a Santiago de Compostela. A idea é mostrarlles a gastronomía e o patrimonio da cidade e transmitirlles as posibilidades que ofrece a conexión aérea de Turkish Airlines a través do seu hub de Estambul para achegar o mercado xaponés a Santiago.

Compartir: