ALCALDÍA

O alcalde lamenta a ocupación da Sala Yago

12/02/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, lamenta a ocupación, de novo, dun espazo privado no Casco Histórico, pero lembra que neste momento non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo que foron infrutuosos. Por este motivo se chegou a un acordo de cesión con Novagaliciabanco do edificio do Preguntoiro.

Informa que dende o inicio da ocupación, que se produciu a media mañá de hoxe mércores, día 12 de febreiro, se lle comunicou ao propietario o incidente para que adoptara as medidas oportunas ao respecto, segundo indica o protocolo de actuación nestes casos.

O goberno subliña que é un tema que se circunscribe ao ámbito privado, e confía na súa pronta resolución.

Asemade, fai unha chamada ao civismo sobre todo tratándose dun espazo do Casco Histórico dunha cidade patrimonio da Humanidade.

Compartir: