PROGRAMA DIDÁCTICO

A Banda Municipal e Odaiko Percussion Group realizaron un percorrido didáctico polos ritmos da xeografía española

11/02/2014 A Banda Municipal de Santiago, en colaboración co grupo de percusión Odaiko, realizou catro concertos didácticos para escolares baixo o título Vaia banda!.

No espectáculo narráronse as peripecias dun grupo de catro percusionistas que van viaxando pola xeografía española e quedan engaiolados polos diferentes ritmos y melodías que escoitan, dende unha muiñeira ata unha samba. O concerto tamén tivo unha sesión o domingo 9 no marco do ciclo Infantil & Familiar.

A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que non deixa ao público indiferente. Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música son bo exemplo desta experiencia singular.

Compartir: