FESTAS

Joaquín Cortés chega a Santiago co seu último espectáculo

22/07/2006 O artista cordobés Joaquín Cortés chegou a Santiago para presentar o espectáculo que ofrecerá o sábado 22, ás 22:00 horas, na Quintana, dentro do programa das Festas do Apóstolo. No concello foi recibido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; e pola directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto.

Joaquín Cortés sinalou que é un "pracer volver a Santiago, onde xa estiven co meu anterior traballo, Pasión gitana, fai xa dez años, e máis no espectacular escenario que supón a Plaza da Quintana". O artista explicou que este novo espectáculo representa a súa volta aos escenarios de España "tras estar bailando tres anos fóra; este é o cuarto espectáculo que ofrezo aquí".

O espectáculo divídese en dúas partes: a primeira, chea de teatralidade e contemporaneidade, e a segunda que xira arredor da festa flamenca. Son dúas horas de espectáculo sen descanso onde estará arroupado por 18 músicos. O vestiario, esta vez, está deseñado por Jean Paul Gaultier.

Respecto ao título da súa nova obra, "Mi Soledad", o artista explicou que con el trata de "afondar no sentimiento de soidade, na necesidade de aprender a convivir con el".

Pioneiro na fusión de danza e música

Cortés lembrou os seus comezos profesionais. Sobre os seus detractores dixo que hoxe en día ata o imitan: "os detractores tívenos cando empecei con vinte anos, pero demostrei que hai outra forma de bailar flamenco". O cordobés afirmou que os españois "teñen que estar agradecidos de que a súa arte se transmita por todo o mundo". "Ás veces –continuou– parece que tes que dar as grazas por existir se eres un artista recoñecido en todo o mundo".

Respecto ás críticas que recibe afirma que "sempre son ben recibidas, mentras sexan construtivas". Cortés transmitiu o seu desexo de que a noite desta sábado sexa máxica para todos os que acudan á Quintana.

Compartir: