CULTURA

Cancelado o concerto de Quique González en Compostela por un accidente do artista

06/02/2014 O concerto que Quique González tiña programado para este sábado 8 na Sala Capitol dentro do ciclo Compostela Rock e para o que estaban todas as entradas vendidas, tivo que ser cancelado no último momento por mor dun pequeno accidente no que o artista sufriu un corte na man, do que xa foi operado.

Estase tratando de atopar unha nova data da que se informará o máis axiña posible, en espera de valoración médica. As entradas adquiridas para o concerto deste sábado en Santiago de Compostela serán válidas para esta nova data. Non entanto, quen desexe devolver a súa entrada poderá facelo a partir do próximo martes 11 de febreiro na rede Ticketmaster e nos puntos de venda autorizados (despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela e A Reixa Tenda) e ata o venres 28 de febreiro.

O artista envía un saúdo a todos os seus seguidores, esperando poder reencontrarse pronto con eles.

Compartir: