COMERCIO

O Concurso de Vídeos "No corazón do teu barrio" promove o comercio de proximidade na zona do Urbana Santiago Norte

06/02/2014 Os veciños da zona norte de Santiago poderán participar no Concurso de Vídeos No corazón do teu barrio, que promoverá o comercio de proximidade da zona Urbana Norte da capital galega. Esta é unha iniciativa incluída no programa Urbana Santiago Norte, financiado a través de fondos FEDER.

Despois dunha primeira fase na que os veciños dos barrios da zona Urbana Norte foron os protagonistas da campaña de promoción do comercio, realizouse unha selección entre os veciños que participaron nos diferentes castings realizados nos propios barrios. Agora é o momento de que todos os veciños poidan axudar ao comercio do seu carón participando no Concurso de Vídeos No corazón do teu barrio. O prazo de presentación de vídeos rematará o 19 de febreiro.

Os participantes terán que realizar un vídeo de entre 20 segundos e 2 minutos de duración onde conten as vantaxes de comprar nos comercios situados na zona Urbana Norte. O guión é libre e gañará o vídeo máis creativo que promova mellor o comercio de proximidade.

O vídeo ser realizado con calquera tipo de cámara, mesmo con un móbil. O gañador será decidido por un xurado de entre os cinco vídeos que máis votos teñan no Facebook. O gañador levará un Ipad Mini.

Os interesados en participar poden consultar as bases no Facebook de No corazón do teu barrio.

Documentos relacionados



Compartir: