FESTAS

Leilía repasou a súa historia musical na Quintana

21/07/2006 A Praza da Quintana foi escenario do espectáculo único preparado por Leilía para as Festas do Apóstolo. As cinco compoñentes da formación estiveron acompañadas de amigos como Antón Seoane e Nando Casal (Milladoiro), Xosé Manuel Budiño ou Eric Liorzou de Bleizi Ruth.

O público puido asistir á unha actuación áxil e dinámica, na que se percorreu a historia de Leilía a través do seu último traballo, "Son de Leilía". No concerto apreciouse a esencia deste grupo, a súa aposta porque os galegos e non galegos de hoxe rían, canten, bailen e se emocionen co legado que os maiores deixaron e teñan a súa propia proxección de futuro.

As voces e as pandeiretas soaron nunha noite chea de ritmos e sons nos que se mesturaron as pezas tradicionais e outras non tanto, froito do seu repertorio menos coñecido e da súa colaboración con outros artistas.

Compartir: