CENTROS SOCIOCULTURAIS

Quinta edición da Exposición da Camelia no Centro Sociocultural da Rocha

30/01/2014 O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolle unha nova edición da exposición dedicada á flor da Camelia os días 1 e 2 de febreiro.

A mostra será inaugurada ás 12:00 horas do sábado 1, nun acto que contará coa asistencia de membros da Corporación municipal. A continuación, actuará o grupo musical O Aquel de Aquelar. Ese mesmo día haberá unha comida de confraternidade entre os expositores e unha visita guiada pola arqueóloga municipal ao Castelo da Rocha as 16:30 horas. A exposición continuará o domingo 2 de febreiro, dende as 10:30 ata as 13:00 horas.

Este ano cúmprese a quinta edición desta atractiva exposición promovida pola Asociación Cultural Rocha Forte e apoiada novamente pola Concellería de Centros Socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: