CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Ábrese o programa "Imos ao baile 2014"

29/01/2014 O sábado 1 de febreiro abrirase unha nova edición do programa para maiores Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais. Será cun baile a partir das 17:30 horas na Casa das Asociacións de Cornes (rúa de Manuel Beiras, 3).

Esta primeira sesión de baile será amenizada polo grupo Enclave. A participación é de balde, suxeita unicamente ao límite do aforo do salón da Casa das Asociacións.

A seguinte cita será o sábado 15 de febreiro no CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, co grupo Glamour.

Direccións relacionadas



Compartir: