FESTAS

Joaquín Cortés chega a Santiago para presentar o seu espectáculo "Mi soledad"

20/07/2006 O bailarín Joaquín Cortés ofrece o venres 20 unha rolda de prensa no Concello de Santiago para presentar o seu último espectáculo, "Mi soledad", que representará na Quintana o sábado 22 de xullo. Antes, ás 17:45 horas, será recibido en Raxoi polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Joaquín Cortés chega a Santiago tras recibir os aplausos de medio mundo. O espectáculo está colleitando un grande éxito de crítica e público. Na posta en escea, Cortés propón unha viaxe polas súas emocións persoais. Afonda no sentimento de soidade ben entendida, cargada de intimidade, como unha manifestación da individualidade do home.

A través do seu zapateado, o artista transmite unha comunicación directa coa súa alma e a súa arte, deixando unha paleta de cores flamencas.

"Mi soledad" é o sexto espectáculo de Joaquín Cortés, unha montaxe en solitario, pero respaldado cunha compañía de dezaoito músicos. O espectáculo divídese en dúas partes. A primeira amosa o traballo coreográfico de investigación, a contemporaneidade e a teatralidade do flamenco; a segunda, afonda nas oríxes desta arte, unha explosión de sons e formas representativas da cultura xitana.

Neste espectáculo aparece vestido por Jean Paul Gaultier. Substitúe as cores brancas, vermellas e negras representativas da España máis arraigada polo corido do modisto francés, moi representativo da cultura xitana zíngara.

Compartir: