RELACIÓNS VECIÑAIS

O Concello repartirá máis de 57.000 euros entre 42 entidades veciñais

29/01/2014 O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta do acordo de Xunta de Goberno relativo ás subvencións veciñais do 2013, onde se repartiron un total de 57.551,82 euros entre 42 entidades veciñais. Das 43 solicitudes presentadas ás que se lles concedeu a axuda (todas as que a pediran), completaron a fase de xustificación 42 delas. A cada unha destas entidades veciñais comunicaráselles de xeito individualizado nos vindeiros días a cantidade a percibir finalmente.

Francisco Noya explicou que, das 42 entidades que presentaron a xustificación, 23 xustificaron o 100% do orzamento presentado e ás 19 restantes tívoselle que minorar a cantidade concedida inicialmente ao non xustificar o orzamento total presentado no seu día.

Debido a estas minoracións e á falta de presentación de calquera clase de xustificación por parte da AV As Marías, que tiña concedida a contía máxima de 1.900 euros, xerouse un sobrante de 7.000 euros na partida, as cales non que se puideron repartir entre as propias asociacións veciñais seguindo instrucións dos servizos económicos municipais.

O concelleiro quixo agradecer novamente ás entidades veciñais o bo traballo que realizan nos barrios, levando a cabo un gran número de programas e actividades que complementan as ofertadas dende os Centros Socioculturais. Tamén destacou aquelas entidades que foron especialmente dilixentes na tramitación desta subvención: AV A Gracia, AV A Xuntanza, AV O Camiño de Santiago, AV Nova Xeira de Figueiras, AV Río Sarela-Peregrina, AV Sar, AV Álvaro Cunqueiro, AV Amigos de San Pedro, AV Angrois, AV Cancelas, AV Campo das Escolas, AV Casa Agraria, AV Coto da Nai, AV Monte do Gozo, AV Monte Longo, AV San Xoán de Fecha, AV Sandra Prego Rial, AV Campo de Monte e AV Conxo Aberto.

Por último, ao igual que acontecera no anterior exercicio, o ingreso efectivo das cantidades concedidas farase previsiblemente ao longo do mes de febreiro, co obxectivo de que as asociacións veciñais dispoñan dos cartos para a realización das súas programacións durante todo o ano.

Compartir: