CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do curso "Habilidades básicas para o coidado de persoas maiores no fogar"

27/01/2014 A Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, programa un novo curso dirixido á mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. Nesta ocasión, o curso conta tamén coa colaboración da Concellería de Benestar Social.

Os interesados en participar no curso, que abre o prazo de preinscrición o mércores 29 de xaneiro, deben dirixirse ao propio local sociocultural de Villestro (Lugar de Quintáns), en horario de 17:00 a 21:00 horas, de martes a venres, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. O curso é gratuíto, con prazas limitadas. Está dirixido fundamentalmente aos usuarios da parte sur da cidade.

As sesións desenvolveranse os martes 11, 18, 25 de marzo e 1 de abril en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Esta acción formativa está pensada para familiares que asumen o coidado dunha persoa dependente, dándolle unhas nocións básicas sobre os catro eixes do coidado: primeiros auxilios, mobilizacións, coidados e recursos sociais.

Este mesmo mércores 29 comeza o primeiro dos cursos programados, que tivo unha gran demanda e que se desenvolverá no Local Sociocultural da Gracia os días 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro. Neste caso, o curso estaba dirixido prioritariamente aos usuarios da parte norte.

Mais información e contacto co persoal animador:
LSC de Villestro
Teléfono: 981 537 818

Compartir: